lunes, 24 de agosto de 2020

sinónimos y antónimos


miércoles, 24 de junio de 2020

San Xoán


Neste San Xoán Laura fixo un ramo coa súa avoa e Mateo e Uxía foron recoller as herbas para preparara a auga.   
             
                

domingo, 21 de junio de 2020

SAN XOÁN


FESTA DO SAN XOÁN
"Polo San Xoán a sardiña molla o pan"

 Pequenos mouros e mouras, chega o San Xoán, a noite máis máxica e máis curta do ano!!. 
Celébrase do 23 ao 24 de xuño e anuncia a chegada da estación do verán.
Noite de meigas e bruxas, de cacharelas ou xantares populares con sardiñas, cachelos e pan de millo ao redor dunha fogueira que saltaremos a media noite.
E por ser unha das festas con maior tradición de Galicia, imos coñecer algúns dos ritos máis populares que se fan ao longo dese día:

Primeiro prepararemos a auga de San Xoán coas herbas aromáticas

Logo faremos os ramos para protexer a casa


Por último saltaremos a fogueira recitando o conxuro máxico

Gozade moito desta  noite, pequenos mouros e mouras, se facedes a auga ou os ramos podedes mandarme as fotos. E estade atentos por se avistades algunha meiga voando sobre a fogueira!
Unha aperta máxica!!

jueves, 11 de junio de 2020

Recital de Rosalía de Castro


Agora que o curso chega ao seu final, é bo recordar algúns dos momentos máis bonitos que tivemos este ano. Como o recital de Rosalía de Castro. Acordádesvos?









domingo, 7 de junio de 2020

Quebracabezas


Quebracabezas é un conto moi especial. Primeiro porque o seu autor reutilizou caixas que tiña pola casa para facer as ilustracións. Segundo porque ten unha mensaxe moi especial......
                  A que non imaxinades que temos todo o universo dentro de nós?
                                  E que estamos feitos de po de estrelas!
                                         Achégate e veralo moito mellor......


Nesta presentación podedes seguir as instrucións que nos propón Diego Bianki para facer o  voso propio crebacabezas. 


     

Estas son os quebracabezas feitos por Laura e Brais! Creatividade ao poder!!