lunes, 24 de agosto de 2020

sinónimos y antónimos


miércoles, 24 de junio de 2020

San Xoán


Neste San Xoán Laura fixo un ramo coa súa avoa e Mateo e Uxía foron recoller as herbas para preparara a auga.   
             
                

domingo, 21 de junio de 2020

SAN XOÁN


FESTA DO SAN XOÁN
"Polo San Xoán a sardiña molla o pan"

 Pequenos mouros e mouras, chega o San Xoán, a noite máis máxica e máis curta do ano!!. 
Celébrase do 23 ao 24 de xuño e anuncia a chegada da estación do verán.
Noite de meigas e bruxas, de cacharelas ou xantares populares con sardiñas, cachelos e pan de millo ao redor dunha fogueira que saltaremos a media noite.
E por ser unha das festas con maior tradición de Galicia, imos coñecer algúns dos ritos máis populares que se fan ao longo dese día:

Primeiro prepararemos a auga de San Xoán coas herbas aromáticas

Logo faremos os ramos para protexer a casa


Por último saltaremos a fogueira recitando o conxuro máxico

Gozade moito desta  noite, pequenos mouros e mouras, se facedes a auga ou os ramos podedes mandarme as fotos. E estade atentos por se avistades algunha meiga voando sobre a fogueira!
Unha aperta máxica!!

jueves, 11 de junio de 2020

Recital de Rosalía de Castro


Agora que o curso chega ao seu final, é bo recordar algúns dos momentos máis bonitos que tivemos este ano. Como o recital de Rosalía de Castro. Acordádesvos?









domingo, 7 de junio de 2020

Quebracabezas


Quebracabezas é un conto moi especial. Primeiro porque o seu autor reutilizou caixas que tiña pola casa para facer as ilustracións. Segundo porque ten unha mensaxe moi especial......
                  A que non imaxinades que temos todo o universo dentro de nós?
                                  E que estamos feitos de po de estrelas!
                                         Achégate e veralo moito mellor......


Nesta presentación podedes seguir as instrucións que nos propón Diego Bianki para facer o  voso propio crebacabezas. 


     

Estas son os quebracabezas feitos por Laura e Brais! Creatividade ao poder!!
                                                                                                                   

                                                     

viernes, 22 de mayo de 2020

Manualidades 1ºA


Boas pequenas mouras e mouros. Neste vídeo presentamos algunhas das vosas manualidades durante esta cuarentena! Non poden estar todas porque sería moi longo.
Espero que vos guste!




sábado, 16 de mayo de 2020

LETRA GALEGAS 2020

O homenaxeado nas Letras Galegas 2020, Ricardo Carvalho Calero. 
Aquí tendes un enlace para coñecelo un pouco máis (preme no nome baixo o cartel) e  unhas tarefas no enlace de descarga.
Feliz Día Das Letras Galegas!!!

Letras Galegas Ricardo Carvalho Calero


viernes, 15 de mayo de 2020

As Pitas Baixo a Choiva


Boas Mouros e Mouras. Este ano o homenaxeado das Letras Galegas é Ricardo Carvalho Calero.
Aquí tendes unha adaptación do seu conto "As pitas baixo a choiva" feita con moito cariño e que espero que vos guste.




lunes, 11 de mayo de 2020

Experimento: Fases da Lúa


Agora Borja vainos enseñar a súa caixa onde se ven perfectamente as catro fases da Lúa.
Xenial!!




Experimento: Por que usar xabrón para os xérmenes


Aquí temos o experimento de Laura que nos enseña por que debemos lavar as mans con xabrón para eliminar os xérmenes.
Bravo Laura!!
Probade vós na casa a facelo!

jueves, 7 de mayo de 2020

Contos Contados: La vaca que puso un huevo


Empezamos cos Contos Contados
Hoxe......
La vaca que puso un huevo 



                                                                                                     

Saúdo e Benvido/a ao blog

Bos días nenos e nenas! Benvidos á casa da Moura da Terra Cha!
Neste blog imos publicar todas as cousiñas que imos ir facendo ao longo do curso.
Iniciamos a visita cun confinamento obrigado que espero que esteades levando o  mellor posible.
                                  Comezamos!!