domingo, 21 de junio de 2020

SAN XOÁN


FESTA DO SAN XOÁN
"Polo San Xoán a sardiña molla o pan"

 Pequenos mouros e mouras, chega o San Xoán, a noite máis máxica e máis curta do ano!!. 
Celébrase do 23 ao 24 de xuño e anuncia a chegada da estación do verán.
Noite de meigas e bruxas, de cacharelas ou xantares populares con sardiñas, cachelos e pan de millo ao redor dunha fogueira que saltaremos a media noite.
E por ser unha das festas con maior tradición de Galicia, imos coñecer algúns dos ritos máis populares que se fan ao longo dese día:

Primeiro prepararemos a auga de San Xoán coas herbas aromáticas

Logo faremos os ramos para protexer a casa


Por último saltaremos a fogueira recitando o conxuro máxico

Gozade moito desta  noite, pequenos mouros e mouras, se facedes a auga ou os ramos podedes mandarme as fotos. E estade atentos por se avistades algunha meiga voando sobre a fogueira!
Unha aperta máxica!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario